I Seminario en Xénero e Literatura

Data e Lugar

09 Xullo - 10 Xullo 2026

Edificio Redeiras, Praza do Berbés, Rúa da Ribeira do Berbés, 11, 36202, Vigo, Pontevedra, España

 

Sobre o evento

O seminario "New Relational Challenges in Contemporary Literature and Culture" é un evento co-organizado por Pandora Literary and Gender Studies e o proxecto "Communitas/Immunitas: ontoloxías relacionais nas culturas atlánticas anglófonas do século 21" (Proyecto de Generación del Conocimiento PID2022-136904NB-I00, financiado por MICIU/AEI/10.3039/501100011033 e FEDER, UE).

O seminario ten o obxectivo de promover un diálogo interdisciplinar sobre como a literatura contemporánea e a cultura imaxinan novas posibilidades relacionais e responden aos desafíos éticos, políticos e afectivos dos nosos tempos. Os posibles temas inclúen (pero non están limitados a):

  • Posthumanismo, máis-que-humanos, e relacionalidades híbridas.
  • Xénero, identidade, e reconfiguración do suxeito.
  • Afectos, emociones, e experienzas corporais.
  • Novas formas de maternidade, paternidade, e narrativas de reproducción.
  • Coidados, vulnerabilidade, e dependencia na cultura contemporánea.
  • Colectividade máis alá da familia nuclear.
  • Futuros feministas e queer.
  • Respostas literarias e culturais aos cambios ecolóxicos e tecnolóxicos.

 

Programa do seminario

O programa incluirá un tour guiado da cidade. Tamén incluirá unha sesión plenaria dunha persoa poñente invitada, así como unha mesa redonda conformada por mulleres novas e expertas no campo dos Estudos Ingleses. Ademáis, traballaremos para apoiar a publicación de artículos seleccionados nun número especial dunha revista académica.

 

Tarifas de rexistro

Tarifa xeral: 45€

Membros de Pandora e estudantes: 30€

Asistente en persoa: 20 €

Asistente virtual: 20 €

 

Data límite para o envío de propostas

15 de abril de 2026, a través deste formulario de rexistro.

 

Coordinan

Claudia Martori Ribalta, Iago Rodríguez Diéguez


Esta web utiliza cookies propias e de terceiros. Aceptar | Máis información