The Global Cultures Project/Culturas Globais

global cultures

PROXECTO DE INVESTIGACIÓN NAS CULTURAS GLOBAIS

A meta final do Global Cultures Research Project/Proxecto de investigación nas culturas globais é xuntar un equipo verdadeiramente interdisciplinario e transnacional para indagar en cuestións fundamentais arredor do mundo na circulación e explotación da ‘diferencia’ como un produto nos mercados culturais globais. Aspiramos a cimentar as relacións de investigación transnacionais xa existentes entre participantes de Europa, Australia e América do norte que están a traballar no campo e abrir posibilidades para unha cooperación máis ampla. Investigaremos a hipervisibilidade/invisibilidade dos indicadores de diferencia racial, sexual e de xénero nos produtos transnacionais e culturais de Europa e outras sociedades multiculturais (Australia, Canadá, EEUU) dende a intersección dos estudos poscoloniais, de xénero, queer e de cidadanía, para ofrecer unha diagnose do nivel de influencia das forzas do mercado (materiais e IDEOLÓXICAS) na cultural contemporánea nas tres fases: produción, circulación e recepción.

http://globalculturesproject.com/
http://globalculturesproject.com/about/