Quen somos

Belén Martín Lucas e Ana Bringas López lideran o “Feminario de Investigación: Feminismos e Resistencias”. O enfoque do grupo e multidisciplinario (inglés, galego, e estudos de tradución), e concéntrase: nos feminismos e teorías da diferencia na textualidade, a análise crítica feminista, os estudos de xénero e sexualidade na literatura, as teorías da alteridade: os nacionalismos, a sexualidade, a clase e a raza; a globalización; as teorías e a análise crítica da identidade e a subxectividade; as teorías da(s) Diáspora(s); a violencia simbólica; a linguaxe non sexista.

O ‘Feminario’ organiza e participa regularmente en conferencias, seminarios e obradoiros sobre unha variedade de temas relacionados coas liñas de investigación do grupo. Ademais, colaboramos coa Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo na organización de actividades para o alumnado e a comunidade universitaria e público en xeral.

Na actualidade o “Feminario” participa no proxecto de investigación “Bodies in Transit/Cuerpos en Tránsito” (refs. FFI2013-47789-C2-1-P e FFI2013-47789-C2-2-P), no que Belén Martín Lucas é directora do subproxecto “Bodies in Transit: Making Difference in Globalized Cultures”.

http://bodiesintransitproject.com/