Integrantes

Investigadoras Principais
ana small Ana Bringas López é profesora titular de Literatura en lingua inglesa na Universidade de Vigo. As súas áreas de investigación son o feminismo e a literatura poscolonial, con especial atención ás autoras de África e a diáspora africana. As súas publicacións inclúen estudos sobre autoras e autores de África e o Caribe, as neonarrativas de escravitude, e as perspectivas feministas sobre a diáspora e as identidades racializadas nas sociedades multiculturais occidentais. Tamén é coeditora de varias coleccións de ensaios no eido dos Estudos Poscoloniais.

 

foto_perfilBelén Martín Lucas é profesora titular no Departamento de Filoloxía Inglesa, Francesa e Alemá na U. de Vigo, A súa docencia e investigación enmárcanse nos Estudos Feministas, Poscoloniais, e da Globalización. Ten publicados numerosos libros e artigos sobre literatura de autoras diaspóricas en Canadá, e sobre a violencia simbólica. Sobre este tema destacan os seus traballos sobre a relación entre o uso do corpo feminino como metáfora da nación e a violación como crime de guerra; a explotación do corpo ‘exótico’ nas portadas de libros de autoras racializadas; ou a linguaxe sexista. Na actualidade dirixe o proxecto de investigación “Cuerpos en tránsito: la diferencia en las culturas globalizadas”  (MINECO, Ref. FFI2013-47789-C2-2-P).

Equipo

 

mariacvfemMaría Platas Alonso é licenciada en Filoloxía Inglesa pola Universidade de Vigo e diplomada en Dirección Cinematográfica en Septima Ars Escuela de Cine y Television en Madrid. Traballou como docente de lingua inglesa na Universidade Internacional de La Rioja e posteriormente reconducíu a súa faceta laboral cara ao sector audiovisual onde exerce na actualidade como realizadora e editora de documentais, corporativos e programas de televisión. A súa tese, actualmente en proceso de escritura baixo a supervisión da doutora Belén Martían Lucas, analiza o empoderamento das protagonistas femininas no cine feminista afro-americano do século XXI.

Teresa Bermúdez
Feidhlim Hanrahan

 

indexMariana Jorge Lozano é diplomada en Educación Infantil pola Universidade de Vigo e licenciada en Filoloxía Inglesa pola UNED. Completou os seus estudos de master na Cardiff University. Actualmente atópase realizando estudos de doutoramento na Universidade de Vigo baixo a supervisión da doutora Belén Martín Lucas. Os seus ámbitos de interese son o teatro irlandés, a literatura postcolonial e os estudos queer e LGTBIA, con especial interese na literatura sudafricana gay, tema principal da súa tese.
Selene-2smallSelene M. Pascual é licenciada en Filoloxía Inglesa pola Universidade de Vigo, onde é bolseira predoutoral. A súa tese, na que está traballando baixo a supervisión da doutora Belén Martín Lucas, trata sobre heroínas travestís en literatura xuvenil de fantasía e ciencia ficción en lingua inglesa.

 

ANAROCHA-1Ana da Rocha

Master’s degree in English Studies at University of Aveiro, 2012. Dissertation title: Narratives of Women: Gender and Magical Realism in Postcolonial Texts. Advisor: Professor David Callahan. The dissertation deals directly with authors from India (Chitra Divakaruni and Siddharth Shanghvi), South Africa (André Brink) and Hawai’i (Kiana Davenport), and indirectly with Salman Rushdie’s novels, so as to show the wide geographical scope of magical realism and its connection with gender and postcolonial studies, whether in the fiction of female and male writers, hence focusing on postcolonial feminine identity/alterity/exoticism, and the de/construction of gender. Currently doing the PhD at University of Vigo, Spain on South Pacific Female Writing (Hawai’i, Tahiti and Samoa) under the supervision of Professor Belén Martín-Lucas, and working as English Lecturer at University of Trás-os-Montes e Alto Douro (UTAD) in Portugal.

Research interests: Gender and Women studies; Postcolonial studies; Postcolonial feminism; Postcolonial and Transnational literature; Pacific studies; Hawai’i and Native Hawaiian Culture/History. Tourism and globalization.Trauma studies; Contemporary fiction; Postmodernism; Memory and Identity/Alterity constructions.

 

AndreaAndrea Ruthven é investigadora contratada no proxecto “Cuerpos en tránsito: la diferencia en las culturas globalizadas” na Universidade de Vigo. A súa tese doutoral na Universitat de Barcelona (2015) interrogou a construción das violencias e as mulleres na representación da heroína na literatura contemporánea distópica. Actualmente investiga a representación dos corpos trans* na literatura e a cultura popular. Co-editou o libro Woman as Angel, Woman as Evil: Interrogating the Boundaries (2012), e publicou os artigos “Pride, Prejudice and Post-Feminist Zombies” en The Year’s Work At The Zombie Research Center (2014), “La violencia sexuada en los cómics. ¿Quién salvará el mundo?” en Violencias invisibles (2010), e “The Woman Warrior: Rejecting Utopia” in Experiencing Gender: International Approaches (2015).

Colaboradoras
Erín Moure
Olga Castro Vázquez
Aída Rosende Pérez

Afiliad@s
Jeannette Bello Mota
Alba De Béjar Muíños
Luisa Cazorla
Mariló Gómez
Guillermo Iglesias Díaz
María Reimóndez Meilán