Bodies in Transit/Corpos en tránsito

bodies-in-transit-word-cloud-21

CORPOS EN TRÁNSITO: A DIFERENCIA NAS CULTURAS GLOBAIS

O subproxecto “Corpos en tránsito: a diferencia nas culturas globais” estudiará a circulación dos corpos diferentes/diferenciados como obxectos de consumo nas representacións culturais contemporáneas en diversos medios artísticos, xunto ao seu potencial para a consolidación de epistemoloxías posthumanistas non antropocéntricas nin androcéntricas. Partindo das teorías da diferencia racial, sexual e de xénero xa clásicas na intersección dos estudos feministas, estudos poscoloniais e estudos queer propoñémonos agora engadir maior énfase á teorización e crítica cultural do posthumanismo, en relación á tecnoloxía, pero tamén á sexualidade (seguindo a Rosi Braidotti e Donna Haraway) e teorías específicas sobre a globalización con especial atención ao neoimperialismo e neo-orientalismo e o seu impacto na produción cultural.

http://bodiesintransitproject.com/
http://bodiesintransitproject.com/members-2/members-subproject-making-difference-in-globalized-cultures/