Quen somos

O Feminario de Investigación: Feminismos e Resistencias caracterízase polo seu enfoque multidisciplinario e concéntrase nos feminismos e teorías da diferencia na textualidade, a análise crítica feminista, os estudos de xénero e sexualidade na literatura, as teorías da alteridade (os nacionalismos, a sexualidade, a clase e a raza), a globalización, as teorías e a análise crítica da identidade e a subxectividade, as teorías da(s) diáspora(s), a violencia simbólica e a linguaxe non sexista.

O Feminario organiza e participa regularmente en conferencias, seminarios e obradoiros sobre unha variedade de temas relacionados coas liñas de investigación do grupo. Ademais, colaboramos coa Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo na organización de actividades para o alumnado e a comunidade universitaria e público en xeral.

Na actualidade o Feminario participa no proxecto de investigación “Bodies in Transit/Cuerpos en Tránsito” (Ref. FFI2017-84555-C2-1-P) no que Belén Martín Lucas é directora do subproxecto “Cuerpos en tránsito: diferencia e indiferencia” (Ref: FFI2017-84555-C2-2-P).

Cuerpos en tránsito 2